Sunday 28 de April de 2024

Unha exposición na Biblioteca de Riveira exhibe medio cento de obras e documentos vinculados a Carlos García Bayón


A mostra poderá ser visitada ata o día 9 de xaneiro

O Biblioteca Municipal de Riveira está albergar ata o vindeiro 9 de xaneiro unha exposición dedicada a quen fora cronista oficial deste Concello, Carlos García Bayón, con motivo da conmemoración do centenario do seu nacemento.

A mostra está formada por abundante material: 19 libros, 8 artigos figuran noutros tantos libros de festas, 7 reseñas biográficas sobre a súa figura e 15 documentos habitualmente custodiados no arquivo municipal. Entre eles, algúns tan salientables como o seu estudo etimolóxico do topónimo Riveira e a acta de sesión plenaria de 1984 sobre a denominación oficial do municipio e a cidade; a acta de sesión plenaria de 1983 sobre a denominación da rúa García Bayón e o seu nomeamento como cronista oficial, ou tamén un proxecto de blasón municipal, parte do cal está reflexado hoxe en día no escudo e a bandeira do noso Concello.

Tamén consta na exposición o catálogo de pezas megalíticas que integran a colección Ares, doada por Garcia Bayón e exhibida na Sala Museo Municipal.

Con motivo da apertura desta mostra achegáronse ata a Biblioteca o alcalde Manuel Ruiz e os concelleiros Juan Luis Martínez e Maricarmen Vizcaya, ademais de estar presentes Ana García e Ramón Triñanes como representantes da familia e do colexio que leva o nome do homenaxeado e en relación ao cal tamén se amosan interesantes documentos.

A exposición pode ser visitada de luns a venres, de 9.30 a 14 e de 17 a 21 horas.

CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN
o MONOGRAFÍAS
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Viajes Galaicos, A Coruña,1989, Biblioteca Gallega.
• Los caminos de Santiago en Galicia, 1991.
• Nomadeando los montes y ríos de O Invernadeiro, Santiago, de Compostela1993, Xunta de Galicia
• Nomadeando os montes e ríos de O Invernadeiro, Santiago de Compostela,1993, Xunta de Galicia
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Piedras ilustres de la Barbanza, Muros y Xallas, A Coruña, 1997, Deputación de A Coruña.
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Perfil para un umbral, prólogo in VENTOSO MARIÑO, Xosé Antonio, Galicia en Terra Allea, Vigo, 1997, Ir Indo.
• GARCÍA BAYÓN, Carlos Guía das heráldicas de Pobra do Deán e Vila do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal,1998, Concello de A Pobra.
• GARCÍA BAYÓN, Carlos; Riveira, guía urgente pero apasionada, Noia, 1998, Toxosoutos
• GARCÍA BAYÓN, Carlos et al.; Arte en Pontevedra, Concello de Pontevedra, 1998
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Boiro, guía y galería de nobles memorias, Boiro,1999, Torre de Goyanes
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Vera historia do cruceiro do Castelo que luego fue o Cristo das Laxes, Pontevedra,1999, Caixa de Pontevedra.
• Nueva galería de piedras ilustres de la Barbanza, Muros y Xallas, 2000.
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Valle-Inclán y Viana del Prior: estampas del tiempo ido, A Coruña, 2001, Deputación de A Coruña.
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Cartas desde a Costa da Morte, Porto do Son, 2005, Concello de Porto do Son.
• Los Gasset y otras personalidades
• Paseo por don Victoriano García Martí: un olvidado
• Viajes por el románico
• Torre das Xunqueiras
• O vagalume, obra poética en galego aparecida en Poesía de Galicia, 1998

o ARTIGOS EN PROGRAMAS DE FESTAS

• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Los plátanos de Riveira, 1961, pp. 19-21.
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Venecia y Riveira, 1984, p. 7.
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Parques y jardines en Riveira, 1994, p. 23.
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, De mis archivos. Deudas, 1995, p. 11.
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Memorias. Barberos, 1996, p. 46
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Riveira en el ayer, 1997, pp. 7-9.
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Riveira…, 1999, p. 1.
• GARCÍA BAYÓN, Carlos, Su Majestad la Sardina, 2000, p.7.

o RESEÑAS BIOGRÁFICAS

• PÉREZ LUSTRES, José Manuel;PÉREZ BESADA, Xesús, A escola na memoria, Riveira, 1906-1956, Ribeira, 2007, Concello de Ribeira.
• RODRÍGUEZ SANTAMARÍA, X. Pastor, Diccionario de escritores da Barbanza, A Pobra do Caramiñal, 1999, Concello da Pobra do Caramiñal, p. 78.
• RODRÍGUEZ SANTAMARÍA, X. Pastor, Diccionario de escritores ribeirenses, A Coruña, 2001, Deputación da Coruña, pp. 28-30.
• RODRÍGUEZ SANTAMARÍA, X. Pastor, No centenario de Carlos García Bayón, in revista Alameda, 2014, Liceo de Noia.
• VV. AA., García Bayón, Carlos, in Enciclopedia Galega Universal, vol. IX, Vigo, 2002,Ir Indo, p. 473.
• VV. AA., García Bayón, Carlos, in Diccionario Enciclopédico Galego Universal, vol. XXX, p. 47, Vigo, 2003, Ir Indo.
• VV. AA., García Bayón, Carlos, in Gran Enciclopedia Galega, vol. XXI Lugo, 2003, El Progreso-Diario de Pontevedra, p. 10.

o DOCUMENTOS

• Carta remitida por Xosé Fandiño, da Gran Enciclopedia Gallega, dirixida a Carlos García Bayón; Santiago, 11 de Febreiro de 1985.
• Poema al árbo; alumnos dos cursos 7º e 8º de EXB do Colexio Bayón, 6 de Marzo de1985.
• Santa Uxía de Riveira; Estudo xeográfico, histórico e etnográfico; García Bayón, Carlos; Bravo Cores, Daniel; Fernández Pazos, José María; S/D.
• Criterios sobre el topónimo “Riveira”, Estudo etimolóxico, García Bayón, Carlos, S/D.
• Oficio do Colexio Bayón ao alcalde, D. José Antonio Ventoso Mariño, S/D.
• Proyecto de blasón municipal, Estudo heráldico e boceto, García Bayón, Carlos, S/D.
• Licencia municipal de ampliación do Colexio Bayón, 4 de Maio de 1973.
• Plano do proxecto do edificio do Colexio Bayón, Licencia de ampliación, 1964.
• Solicitude de licencia municipal de construcción do Colexio Bayón, 12 de Decembro de 1964.
• Acta de xuntanza do Consello Local de Ensino Primario, 29 de Setembro de 1982.
• Acta de constitución da Xunta Municipal de Educación, 9 de Xullo de 1955.
• Acta de constitución da Xunta Municipal de Educación, 5 de Xullo de 1948.
• Oficio municipal. Relación de escolas privadas de Riveira, 22 de Xuño de 1948.
• Acta de sesión plenaria. Denominación oficial do municipio e da cidade de Riveira, 16 de Novembro de 1984.
• Acta de sesión plenaria. Denominación da Rúa García Bayón e nomeamento de cronista oficial, 20 de Xuño de 1983.

o PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO
• Catálogo da Colección Ares, doada por Carlos García Bayón e exposta no Museo Municipal de Riveira.